domingo, 24 de mayo de 2009



EDUARDO GARCÍA DEMANDA AO REAL MADRID



Eduardo García, o xove que foi a primeira persoa en presentarse ás eleccións do Real Madrid co respaldo da Organización Impulsora dos Discapacitados, presentou este xoves no xuzgado de Talavera de la Reina unha demanda en contra do club de fútbol español, Real Madrid.

Eduardo García, a través dos seus avogados, pide que sexa anulada a norma electoral que obriga o pago dun preaval bancario para así poder ser candidato ás eleccións da presidencia branca.

Se o xuíz considera oportuno facer desaparecer esta norma, poderiamos ver a outros precandidatos como Martínez Bravo ou Xoan Onieva reemprendendo as súas correspondentes carreiras electorais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario